Capítulos 1-5
De Adam a Abraham
Capítulo 1
1Adam, Xet, Enox.
2Quenán, Mahalalel, Iared, 3Henoc, Metuxalén, Lamec, 4Noé, Sem, Cam e Iafet.
5Fillos de Iafet: Gómer, Magog, Madai, Iaván, Tubal, Méxec e Tirás.
6Fillos de Gómer: Axcanaz, Rigat e Togarmah.
7Fillos de Iaván: Eliseo, Tárxix, Quitim e Dodanim.
8Fillos de Cam: Cux, Exipto, Put e Canaán.
9Fillos de Cux: Sebá, Havilah, Sabtá, Ramá e Sabtecá. Fillos de Ramá: Sebá e Dedán.
10Cux xerou a Nimrod, o primeiro soldado do mundo.
11Exipto xerou os lidios, anamitas, lehabitas, naftuxitas, 12patrusitas, casluhitas e cretenses, dos que proceden os filisteos.
13Canaán xerou a Sidón, seu primoxénito, e a 14Het, e tamén os iebuseos, amorreos, guirgaxitas, 15hivitas, arquitas, sinitas, 16arvaditas, semaritas e xamatitas.
17Descendentes de Sem: Elam, Axur, Arfaxad, Lud e Aram. Descendentes de Aram: Us, Hul, Guéter e Méxec. 18Arfaxad xerou a Xélah e este a Héber. 19Héber xerou dous fillos: un chamábase Péleg, porque no seu tempo dividiuse a terra; e seu irmán chamábase Ioctán. 20Ioctán xerou a Almodad, Xélef, Hasarmávet, Iérah, 21Hadorán, Uzal, Diclah, 22Ebal, Abimael, Xebá, 23Ofir, Havilah e Iobab: todos descendentes de Ioctán.
24Sem. Arfaxad, Xélah, 25Héber, Péleg, Reú, 26Serug, Nahor, Térah, 27Abram, é dicir, Abraham.
De Abraham a Israel
28Descendentes de Abraham: Isaac e Ismael; 29os seus descendentes: Nebaiot, primoxénito de Ismael, Quedar, Adbel, Mibsam, 30Mixmá, Dumah, Masá, Hadad, Temá, 31Ietur, Nafix e Quedmah. Estes son os fillos de Ismael.
32Queturah, concubina de Abraham, deu a luz a Zimrán, Iocxán, Medán, Medián, Ixbac e Xúah.
Descendentes de Iocxán: Xebá e Dedán. 33Fillos de Madián: Efah, Éfer, Henoc, Abidá e Eldáah. Todos descendentes de Queturah.
34Abraham xerou a Isaac. Fillos de Isaac: Esaú e Israel.
35Fillos de Esaú: Elifaz, Reuel, Ieux, Ialam e Corah. 36Fillos de Elifaz: Temán. Omar, Sefó, Gatam, Quenaz, Timná e Amalec. 37Fillos de Reuel: Náhat, Zérah, Xamah e Mizah. 38Fillos de Seir: Lotán, Xobal, Sibón, Anah, Dixón, Éser e Dixán. 39Fillos de Lotán: Horí e Homam; irmá de Lotán: Timná. 40Fillos de Xobal: Alián, Manáhat, Ebal, Xefí e Onam. Fillos de Sibón: Aiá e Anah. 41Fillos de Anah: Dixón. Fillos de Dixón: Hamrán, Exbán, Itrán e Querán.
42Fillos de Éser: Bilhán, Zaván e Acán. Fillos de Dixán: Us e Arán.
43Reis que reinaron no país de Edom antes de que os israelitas tivesen rei: Bela, fillo de Beor; a súa cidade chamábase Dinhabah. 44Morreu Bela e sucedeulle no trono Iobab, fillo de Zérah, oriúndo de Bosrah. 45Morreu Iobab e sucedeulle no trono Huxam, oriúndo de Temán. 46Morreu Huxam e sucedeulle no trono Hadad, fillo de Bedad, o que derrotou a Madián no campo de Moab; a súa cidade chamábase Avit. 47Finou Hadad e sucedeulle no trono Samlah, oriúndo de Masrecah. 48Finou Samlah e sucedeulle no trono Xaúl, oriundo de Rehobot-ham-Náhar. 49Finou Xaúl e sucedeulle no trono Baal Hanán, fillo de Acbor. 50Finou Baal Hanán e sucedeulle no trono Hadar; a súa cidade chamábase Pau e a súa muller Mehetabel, filla de Matred, filla de Mezahab. 51A morte de Hadad houbo xeques en Edom: Timná, Alvah, Ietet, 52Oholibamah, Elah, Pinón, 53Quenazí, Temán, Mibsar, 54Magdiel e Iram. Ata aquí os xeques de Edom.
Descendentes de Israel
Capítulo 2
1Velaquí os fillos de Israel: Rubén, Simeón, Leví, Xudá, Isacar, Zebulón, 2Dan, Xosé, Benxamín, Naftalí, Gad e Axer.
3Fillos de Xudá: Er, Onán e Xelah; estes tres nacéronlle da filla de Xúa, a cananea. Er, primoxénito de Xudá, foi ruín ós ollos de Iavé, quen o fixo morrer. 4Tamar, nora de Xudá, deulle dous fillos: Peres e Zérah. Por xunto os fillos de Xudá son cinco.
5Fillos de Peres: Hesrón e Hamul.
6Fillos de Zérah: Zimrí, Etán, Hemán, Calcol e Dara. Cinco en total.
7Fillo de Carmí: Acar, que turbou a Israel cando foi infiel ó anatema.
8Fillo de Etán: Azarías.
9Fillos que lle naceron a Hesrón: Ierahmel, Ram e Quelubai.
10Ram xerou a Aminadab. Aminadab xerou a Nahxón, príncipe dos fillos de Xudá;
11Nahxón xerou a Salmá; Salmá xerou a Boaz;
12Boaz xerou a Obed; Obed xerou a Ixaí;
13Ixaí xerou a Eliab, o seu primoxénito; a Abinadab, o segundo; a Ximá, o terceiro; 14a Netanel, o cuarto; a Radai, o quinto; 15a Osem, o sexto; e a David, o sétimo. 16As súas irmás foron Seruiah e Abigail. Fillos de Seruiah: Abixai, Ioab e Asael: en total, tres.
17Abigail pariu a Amasá, sendo seu pai Iéter, o ismaelita.
18Caleb, fillo de Hesrón, tivo fillos de Azubah e foron: Iéxer, Xobab e Ardón. 19Cando morreu Azubah, Caleb tomou por muller a Efratah, que lle deu a Hur.
20Hur xerou a Urí, e Urí xerou a Besalel.
21Logo, Hesrón coñeceu á filla de Maquir, pai de Galaad, cando tiña sesenta anos, da que naceu Segub.
22Segub xerou a Iaír, que tivo vinte e tres cidades na terra de Galaad, 23e arrebatou a Guexur e a Aram as vilas de Iaír, Quenat, e as cidades da súa dependencia: sesenta cidades. Todo isto pertencía a Maquir, pai de Galaad.
24Despois da morte de Hesrón, Caleb uniuse a Efratah, muller de seu pai Hesrón, da que tivo Axhur, fundador de Tecoa.
25Os fillos de Ierahmel, o primoxénito de Hesrón, foron: Ram o primoxénito, e Bunah e Orén, seus irmáns.
26Ierahmel tivo outra muller chamada Atarah, que foi nai de Onam.
27Os fillos de Ram, primoxénitos de Ierahmel, foron: Maas, Iamín e Équer.
28Os fillos de Onam foron: Xamai e Iadá. Fillos de Xamai: Nadab e Abixur.
29O nome da muller de Abixur era Abigail, da que tivo a Ahbán e Molid.
30Fillos de Nadab: Séled e Apaim. Séled morreu sen fillos.
31Fillos de Apaim: Ixí. Fillo de Ixí: Xexán. Fillo de Xexán: Ahlai.
32Fillos de Iadá, irmán de Xamai: Iéter e Ionatán. Iéter morreu sen fillos.
33Fillos de Ionatán: Pélet e Zazá. Estes son os fillos de Ierahmel.
34Xexán non tivo fillos, pero si fillas. Xexán tiña un escravo exipcio chamado Iarhá, 35ó que lle deu a súa filla por muller e de quen naceu Atai.
36Atai xerou a Natán, e Natán xerou a Zabad;
37Zabad xerou a Eflal; Eflal xerou a Obed;
38Obed xerou a Iehú; Iehú xerou a Azarías;
39Azarías xerou a Hales; Hales xerou a Elasah.
40Elasah xerou a Sismai; Sismai xerou a Xalum;
41Xalum xerou a Iecamías; Iecamías xerou a Elixamá.
42Fillos de Caleb, irmán de Ierahmel: Mesá, o seu primoxénito, que foi pai de Zif e Marexah, pai de Hebrón.
43Fillos de Hebrón: Córah, Tapúah, Réquem e Xama.
44Xama xerou a Ráham, pai de Iorqueam; Réquem xerou a Xamai.
45Fillo de Xamai: Maón, fundador de Bet-Sur.
46Efah, concubina de Caleb, tivo a Harán, Mosá e Gazez.
Harán xerou a Gazez.
47Fillos de Iahdai: Réquem, Iotam, Guexam, Pélet, Efah e Xáaf.
48Macah, concubina de Caleb, tivo a Xéber e Tirhanah.
49Tamén pariu a Xáaf, fundador de Madmanah, e a Xevá, fundador de Macbenah e de Guibá. Filla de Caleb foi Acsah.
50Estes foron os fillos de Caleb, fillo de Hur, primoxénito de Efratah: Xobal, fundador de Quiriat-Iearim.
51Salmá, fundador de Belén; Háref, fundador de Bet-Gader.
52Xobal, fundador de Quiriat-Iearim, foi pai de Haroeh, de xeito que tivo a metade dos menuhitas.
53As familias de Quiriat-Iearim foron os futieos, os xumateos, e os miraítas. Destas familias saíron os saratitas e os extaolitas.
54Fillos de Salmá: Belén e os netofateos; Atarot, Bet-Ioab, a metade dos manahteos e os soritas.
55Familias de escribas que viven en Iabés: os tirateos, os ximateos e os sucateos. Estes eran os quenitas, descendentes de Hamat, pai dos recabitas.
Descendentes de David
Capítulo 3
1Velaquí os fillos de David que lle naceron en Hebrón: Amnón, o primoxénito, de Ahinoam, de Iezrael; o segundo, Daniel, de Abigail, de Carmel; 2o terceiro Abxalom, de Macah, filla de Talmai, rei de Guexur; o cuarto Adonías, fillo de Haguit; 3o quinto Xefatías, de Abital; o sexto Itream de Eglah, a súa muller.
4Estes seis nacéronlle en Hebrón. Reinou alí sete anos e seis meses, e en Xerusalén trinta e tres anos.
5Velaquí os que naceron en Xerusalén: Ximá, Xobab, Natán e Salomón, os catro de Batxeba, filla de Amiel; 6aínda tivo outros nove: Ibhar, Elixamá, Elifélet, 7Nogah, Nefeg, Iafía, 8Elixamá, Eliadá e Elifélet.
9Todos estes foron fillos de David; máis os fillos das concubinas. Tamar foi irmá de todos eles.
10Descendentes de Salomón: Roboam, Abías, Asá, Ioxafat, 11Ioram, Ocozías, 12Amasías, Azarías, Iotam, 13Ahaz, Ezequías, Menaxés, 14Amón, Ioxías.
15Fillos de Ioxías: o primoxénito, Iohanán; o segundo, Ioaquim; o terceiro, Sedecías; o cuarto, Xalum.
16Fillos de Ioaquim: Ieconías e Sedecías.
17Fillos de Ieconías: Asir, que foi pai de Xealtiel, 18Malquiram, Pedaías, Xenasar, Iecamías, Hosamá, Nedabías.
19Fillos de Pedaías: Zerubabel e Ximí. Fillos de Zerubabel: Mexulam, Ananías e Xelomit, irmá deles.
20Fillos de Mexulam: Haxubah, Ohel, Berequías, Hasadías, e Iuxab, Hésed: cinco en total.
21Fillos de Ananías: Pelatías e Isaías, seu fillo; Refaías, seu fillo; Arnán, seu fillo; Abdías, seu fillo; Secanías, seu fillo.
22Fillo de Secanías: Semaías. Fillos de Semaías: Xatús, Igal, Bariah, Nearías e Safot. En total seis.
23Fillos de Nearías: Elioenai, Ezequías e Azricam, tres en total.
24Fillos de Elioenai: Xodavías, Eliosib, Felaías, Akub, Xoxanán; Dalaías e Ananís, sete en total.
Descendentes de Xudá
Capítulo 4
1Fillos de Xudá: Peres, Hesrón, Carmí, Hur e Xobal.
2Reaías, fillo de Xobal, xerou a Iahat; Iahat xerou a Ahumai e a Láhad. Estas foron as familias dos sorahitas.
3Velaquí os descendentes de Etam: Iezrael, Ixmá e Idbax. O nome de súa irmá era Haslefoní; 4Penuel, que fundou Guedor e Ézer, que fundou Huxah. Estes son os fillos de Hur: Efratah, o primoxénito, que fundou Belén; 5Axhur,que fundou Tecoa e tivo dúas mulleres: Helah e Narah.
6Narah pariulle a Ahuzam, Héfer, Temní e Ahaxtarí. Estes foron os fillos de Narah.
7Fillos de Helah: Séret, Iosohar e Etnán.
8Cos xerou a Anub e a Sobebah e ás familias de Aharhel, fillo de Harum.
9Iabés foi o máis ilustre dos irmáns. Súa nai deulle o nome de Iabés dicindo: ‑"Por-que o parín con dor".
10Iabés invocou ó Deus de Israel dicindo: ‑"Bendime, estende o meu territorio e que a túa man sexa comigo. Gárdame de todo mal, de xeito que eu non padeza...". E Deus deulle o que lle pedía.
11Quelub, irmán de Xuhah, xerou a Mehir, que foi pai de Extón.
12Extón xerou a Bet-Rafá, a Paséah e a Tehinah, fundador de Nahax.
Estes foron os homes de Recah.
13Fillos de Quenaz: Otoniel e Seraías. Fillos de Otoniel: Hatat e Meonotai.
14Meonatai xerou a Ofrah, e Seraías xerou a Xoab, fundador de Gue-Haraxim, pois eran artesáns.
15Fillos de Caleb, o fillo de Iefuneh: Iru, Elah, Náam; e o fillo de Elá: Quenaz.
16Fillos de Iehalelel: Zif, Zifah, Tiriá e Asarel.
17Fillos de Esdras: Iéter, Méred, Éfer e Ialón. Iéter xerou a Miriam, Xamai e Ixbah, fundador de Extemoa.
18A súa muller, xudía ela, pariu a Iéred, fundador de Guedor; a Héber, fundador de Socó; e a Iecutiel, fundador de Zanóah. Estes son os fillos de Bitiah, filla de Faraón, que Méred tomou por muller.
19Os fillos da muller de Odías, irmá de Náham, foron: o pai de Queilah, o garmita e Extemoa, o macateo.
20Fillos de Ximón: Ammón, Rinah, Ben-Hanán e Tilón. Fillos de Ixí: Zohet e Ben-Zohet.
21Fillos de Xelah, fillo de Xudá: Er, fundador de Lecah; Ladah, fundador de Marexah e as familias da casa onde se traballa o liño, en Bet-Axbea; 22Ioquim e os homes de Cozebá; Ioax e Saraf, que dominaron en Moab, antes de volver a Belén. (Estas son cousas antigas).
23Estes eran oleiros e habitaban en Netaím e Guederá, cerca do rei, e traballaban para el.
Descendentes de Simeón
24Fillos de Simeón: Nemuel, Iamín, Iarib, Zérah e Xaúl. Fillos de Xaúl: 25Xalum, Mibsam, seu fillo, e Mixmá, fillo deste.
26Fillos de Mixmá: Hamuel, seu fillo, do que naceu Zacur, que tivo a Ximí.
27Ximí tivo dezaseis fillos e seis fillas. Seus irmáns non tiveron tantos fillos, e as súas familias non se multiplicaron tanto coma as dos fillos de Xudá.
28Habitaban en Beerxeba, Moladah, e Hasar-Xual, 29en Bilhah, en Ésem, en Tolad, 30en Betuel, en Hormah, en Siquelag, 31en Bet-Marcabot, en Hasar-Susim, Bet-Birí e en Xaraim. Estas foron as súas cidades ata o reino de David; 32e as súas aldeas eran Etam, Aim, Rimón, Toquen e Axán: cinco aldeas en total 33e todas as vilas no arredor destas cidades ata Baal. Estas son as súas moradas e as súas xenealoxías.
34Mesobat, Iamlec, Ioxah, fillo de Amasías; 35Ioel, Iehú, fillo de Ioxibías, fillo de Seraías, fillo de Asiel.
36Elioenai, Iacobah, Iexohaías, Asaías, Adiel, Iesimiel, Benaías, 37Zizá, fillo de Xifí, fillo de Alón, fillo de Iedaías, fillo de Ximrí, fillo de Xemaías.
38Estes, polos seus nomes eran príncipes nas súas familias, e as súas casas paternas fixéronse grandes.
39Foron da parte de Guedor ata o Oriente do val, procurando pasto para o seu gando.
40Atoparon herba, bo pasto e unha rexión abondosa, tranquila e apracible. Os que antes habitaran esa rexión descendían de Cam.
41Estes, descritos polos seus nomes, viñeron en tempos de Ezequías, rei de Xudá, atacaron as súas tendas e os mineos que atoparon alí destruíronos ata hoxe, habitando no sitio deles, por haber alí pasto para o seu gando.
42Tamén cincocentos dos deles ‑dos fillos de Simeón‑, foron ó monte de Seir levando por xefes a Pelatías, Nearías, Refaías e Uziel, fillos de Ixí; 43e derrotaron ó resto que quedara de Amalec, e habitaron alí ata hoxe.
Descendentes de Rubén
Capítulo 5
1Fillos de Rubén, primoxénito de Israel. Era o primoxénito, pero por manchar o leito de seu pai, o dereito de primoxenitura foilles dado ós fillos de Xosé, fillo de Israel, e non foi rexistrado como primoxénito.
2Xudá foi abofé poderoso entre seus irmáns e o príncipe deles, pero o dereito de primoxenitura foi de Xosé.
3Fillos de Rubén, primoxénito de Israel: Henoc, Falú, Hesrón e Carmí.
4Fillos de Ioel: Xemaías, seu fillo; Gog, seu fillo; Ximí, seu fillo; 5Miqueas, seu fillo; Reaías, seu fillo; Báal, seu fillo, 6e Beerah, fillo seu, levado a Asiria por Teglat Peléser, rei de Asiria. Era príncipe dos rubenitas.
7Seus irmáns, segundo as súas familias, tal como foron rexistrados nas xenealoxías, foron: o primeiro, Ieiel, Zacarías, 8Bela, fillo de Azaz, fillo de Xemá, fillo de Ioel, que habitou en Aroer ata Nebó e Baal-Meón, 9e ó Oriente, ata a entrada do deserto, desde o río Éufrates, pois tiña moito gando na terra de Galaad.
10En tempos de Xaúl fixéronlles a guerra ós agarenos, que caeron no seu poder, e habitaron nas súas tendas en todo o Oriente de Galaad.
Descendentes de Gad
11Enfronte deles habitaban os fillos de Gad, na terra de Baxán ata Salcah.
12Ioel foi o primeiro; Xafam, o segundo; logo Ianai e Xafat, no Baxán.
13Seus irmáns, segundo as casas de seus pais, eran: Micael, Mexulam, Xeba, Iorai, Iacán, Zía e Héber, que fan sete.
14Velaquí os fillos de Abihail, fillo de Hurí, fillo de Iaróah, fillo de Galaad, fillo de Micael, fillo de Iexixai, fillo de Iahdó, fillo de Buz; 15Ahí, fillo de Abdiel, fillo de Guní, era o xefe das casas de seus pais.
16Habitaban en Galaad, no Baxán, nas cidades da súa dependencia, e nos eidos de Xarón ata os seus límites.
17Foron rexistrados todos nas xenealoxías en tempos de Iotam, rei de Xudá e de Ieroboam, rei de Israel.
18Os fillos de Rubén, os de Gad e de media tribo de Menaxés, en número de corenta e catro mil setecentos sesenta, eran bos para a guerra: valorosos, levaban escudo e espada, tensaban o arco e eran entendidos na arte da guerra.
19Fixéronlles a guerra ós agarenos, ós itureos, a Nafix e a Nodab.
20Foron axudados contra eles, e os agarenos e cantos estaban con eles caeron nas súas poutas, pois durante a loita chamaron a Deus que os escoitou, por confiaren nel.
21Colleron o seu gando: cincuenta mil camelos, duascentas cincuenta mil ovellas, dous mil asnos, e levaron presas a cen mil persoas, 22e houbo moitos mortos, pois o combate viña de Deus. Establecéronse no seu lugar ata o tempo en que foron levados á catividade.
Descendentes da media tribo de Menaxés
23Media tribo de Menaxés habitaba a rexión desde o Baxán ata Baal-Hermón, Senir e a montaña de Hermón. Eran numerosos.
24Velaquí os xefes das casas de seus pais: Éfer, Ixí, Eliel, Azriel, Xeremías, Hodavías, Iahdiel, homes valerosos, xente de fama, xefes das casas de seus pais.
25Pero pecaron contra o Deus de seus pais e prostituíronse tralos deuses das xentes da terra que Deus destruíra diante deles.
26Entón o Deus de Israel encirrou contra eles o espírito de Pul, rei de Asiria (é dicir, o espírito de Teglat Peléser, rei de Asiria), quen levou presos os rubenitas, gaditas e a media tribo de Menaxés, conducíndoos a Halah, Habor, Hará e ó río Gozán, onde habitaron ata hoxe.
Descendentes de Leví
27Fillos de Leví: Guerxom, Quehat, Merarí. 28Fillos de Quehat: Amram, Ishar, Hebrón e Uziel. 29Fillos de Amram: Aharón, Moisés e María. Fillos de Aharón: Nadab, Abihú, Elazar e Itamar. 30Elazar xerou a Pinhás; Pinhás xerou a Abixúa; 31Abixúa xerou a Buquí; Buquí xerou a Uzí; 32Uzí xerou a Zerahías; Zerahías xerou a Meraiot; 33Meraiot xerou a Amarías; Amarías xerou a Ahitub; 34Ahitub xerou a Sadoc; Sadoc xerou a Ahimaas; 35Ahimaas xerou a Azarías; Azarías xerou a Iohanán; 36Iohanán xerou a Azarías, que exerceu o sacerdocio no templo que Salomón edificou en Xerusalén; 37Azarías xerou a Amarías; Amarías xerou a Ahitub; 38Ahitub xerou a Sadoc; Sadoc xerou a Xalum; 39Xalum xerou a Hilquías; Hilquías xerou a Azarías; 40Azarías xerou a Seraías; Seraías xerou a Iosadac; 41Iosadac foi á catividade cando o Señor desterrou a Xudá e a Xerusalén por medio de Nabucodonosor.